sábado, 14 de febrero de 2015

VIVA O ENTROIDO!!!!

 Onte pasámolo pipa!!!! pola tarde baixamos ao pabellón e fixemos unha festaza.

















A disfrutar destes días de entroido meus trogloditas!!!

DANIELA PROTAGONISTA!

 A protagonista desta semana foi Daniela e trouxonos un montón de cousiñas de bebé


E onte tivemos a visita de Roberto, seu pai, que nos contou como era de pequechiña. Moitas gracias familia!!

XA TEMOS A NOSA CABAÑA!!!




 Como auténticos prehistóricos que somos non nos pode faltar a nosa casiña!, a familia de Gabriel deixounos uns palés estupendos, e nós solo tivemos que poñernos mans á obra



 Encántanos o resultado...e que a gustiño estamos nela.





viernes, 6 de febrero de 2015

PASEOS INVERNAIS




  Como nos prestan as saídas dos venres!, aínda que sexan así, unha voltiña rápida e abrigadiños ata as orellas. Esta foi unha semana moi movida, será que houbo lúa? o caso é que creo que necesitamos reencontrarnos, tranquilizarnos e volver a comezar!

















Ao mellor solo é que nos estamos facendo maiores : )

COIDADO COS DENTES DE SABLE!!!













Esta semana a clase foi invadida por dentes de sable ferocísimos, e nos, como os nosos antepasados os australopitecus, defendémonos como podemos.

DÍA DA PAZ

 O día da paz fixemos un muro de paz, quedounos moi lindo porque todos nos escribimos nel unha palabra relacionada coa paz.






 E despois fixemos unha pombiña de paz usando materiais reciclados que tiñamos gardados en clase, uns tubos de cartón e uns papeis duns platos.


















E así de chulas nos quedaron!!