miércoles, 1 de octubre de 2014

NOITE E DÍA


Este universo tennos engaiolados...experimentamos coa luz para comprender o movemento da terra e por suposto tamén o vivenciamos, xiramos e xiramos sen parar

UNHA VISITIÑA!!

Hai xa uns días tivemos unha visita moi especial, Noa chegou ao cole un pouco tarde e viña acompañada da súa irmanciña Sira!!
Non nos puidemos resistir e convidámolas a pasar jijiji e prometeron volver outro día con calma para poder disfrutar un pouco máis. Gracias Silvia!!

A nosa nova compi!!

Como algúns de vos xa sabedes este curso, ata o mes de Febreiro, está connosco unha estudiante en prácticas que se chama Paula!! nos estamos encantados e esperamos que esta experiencia sexa positiva para ela.

martes, 23 de septiembre de 2014

O BIG BANG!

 Estamos xa a pleno rendemento na nosa clase, facéndonos moita preguntas e expoñendo diversas teorías

 E como hai que comezar polo principio esta semana recreamos o big bang na nosa aula, unha gran explosión...


e pouco a pouco formouse a nosa galaxia!!

martes, 16 de septiembre de 2014

Comezamos un novo curso!!

Arrancamos con un proxecto que pinta moi pero que moi ben... A LÚA E O ESPACIO. Hoxe levaron unha nota para casa onde vos pedimos a vosa axuda, podedes aportar contos, carteles explicativos, debuxos, cancións, poesías traxes espaciais jijijij todo o que poida estar relacionado e teñades pola casa.
Moitas gracias de antemán,  imos ata o infinito e máis alaaaaaa!!!!

domingo, 7 de septiembre de 2014

UNHA DE PAPIS E MAMIS!!!


 Xa estou de volta e teño algunhas entradas pendentes que por problemiñas técnicos non puiden facer antes de remate de curso.

 Este ano tivemos a sorte de ter un montón de papás e mamás que puideron estar un ratiño na nosa clase e cos que fixemos moitas cousas!




 Fixemos galletas riquísimas, cestiñas con pitiños, escoitamos mooooitos contos, convertímonos en piratas...










 Moitas gracias por todos eses ratiños, este ano esperamos vervos de novo!!!!

domingo, 1 de junio de 2014

PITIÑOS POR AQUÍ PITIÑOS POR ACOLÁ

 Aquí está o xefe do corral!!!





Pero que bonitiños son, tan suaves, tan redondiños : ) estamos tan orgullosos que llos ensinamos a todos os nenos e nenas e coidámolos moi ben!!!