Gústanos moito o Outono, por eso decidimos decorar un pouco a nosa clase cunhas folliñas feitas de follas de verdade, queredes saber como? pois moi atentos!
O primeiro que hai que facer é ir buscar follas ao noso patio...viñemos cargadiños!
E despois collimos as tixeiras para cortalas en cachiños moi pequeniños, esto xa nos costou un pouquiño máis, a verdade é que non é nada fácil : )
E despois todos a picar a nosa folla, pero moito coidado de non picarnos un dedo!!!
E por último pegamos as follas do patio na nosa folla
Tachán!!!! xa lucen así de bonitas nas nosas ventanas!
Pois aquí estamos a primeira vez que saimos do cole a pasear pola Chaira.
E aquí está Petrouzas, que creo que lle gustamos un montón : )
Atopamos un formigueiro...
Piñas, una chea de paus...
Pasámolo en grande!! Volveremos.
Algo que nos encanta é ir a xogar coa area, e como estamos tendo uns días de outono estupendos podemos sair moitas veces.
Facemos un montón de castillos, xogamos, falamos, aprendemos a compartir...
Sol non te vaias!!!!!
Andrea contounos o Flautista de Hamelin, e tocou a flauta como o protagonista do conto, non é de extrañar que estivésemos así de atentos!!
Arranca esta nova andadura!!! agárdannos un montón de aventuras que viviremos xuntiños.
Aquí estamos nos nosos primeiros días de cole. Houbo un pouquiño de todo pero eu penso que tivemos un moi bo comezo!!
Imos alá!!!!!