Hoxe tivemos un día suuuper atarefado: TALLER DE REPOSTERIA!!!!
Para celebrar o samaín fixemos entre todos un biscoito de cabaza.
O primeiro que batimos foron os ovos.
Cando os ovos estiveron ben mezclados puxémoslle azucre e volta a comezar!
Despois fariña e levadura ( que non nos funcionou jejeje)
E por último añadimos a cabaza. Trouxena cocida da casa e os peques encargáronse de machacala un pouco.
Uns minutiños no forno da cociña e...TACHÁN!!!
E como vos cociñeiros todos e todas probamos o resultado
Gustounos moito e esperamos que a vós tamén!!
Un saúdo!
Estamos en plena semana do samaín e por iso andamos tan atarefados, mirade, mirade...
Cos tubos de cartón que trouxeron de casa, un pouco de cartulina negra, un chisco de témpera e moita dedicación fabricamos...
Uns morcegos terroríficos!!!
Temos moita sorte de ter reposteiros de primeira na nosa clase!! A semana pasada Breogán trouxo unhas galletas de fantasmas que estaban boísimasssss!!! A estes non lle tivemos mediño ningún : )
Encántanos xogar e bailar esta canción.
Primeiro en corro, agarrados aos compañeiros, xiramos e xiramos...
E despois o cuco, escoitamos a ver que di...
Que xa está aquí o lobo!!
Gracias Martina e familia!!
Esta semana foi estupenda, todos os días chegaban cousiñas de casa, contos, máscaras, cabazas, esqueletos, disfraces...
Estes primeiros momentos do proxecto gústannos moito porque sentámonos xuntos e explicámoslle aos compañeiros que traemos, como podemos usalo, con que o fixemos...
Todos queremos tocar a verruga da bruxa!!!
Deste xeito imos prepando o recuncho do proxecto.
Moitas gracias familias pola colaboración!!!!