Excursión pasada por auga!!!!
Pero nós encantados igualmente, fomos ao museo arqueolóxico e ensináronnos moitas obras de arte.
Laura, a monitora, explicounos porque se poden estropear as pezas de madeira, ás veces por culpa das termitas e incluso porque as roen os ratiños.
Tamen nos contaron como restauralas e como se transportan.
Despois fixenos unha obra de arte para levar a casa de recordo.
E antes de volver ao cole unhas carreiriñas para entrar en calor!!!!
E un posado ao lado da plaza Maior!!!
O último día de cole tivemos unha visita moi moi especial, PAPÁ NOEL!!! Ao principio houbo algún choro, pero en canto comezou a contarnos de onde viña todo foi como a seda e quixemos pedirlle un agasallo no seu colo.
Ilusionados
Cariñosos
Con decisión
Pensativos
Con entusiasmo
Con seriedad
Posando
Co medo superado
Con sono
Cada un falou con Papá Noel ao seu xeito, disfrutando todos xuntiños dunha tarde máxica.
Bo Nadal e feliz ano 2014!!!!
O venres fixemos o festival de nadal no cole, moi ben o pasamos!!
O último ensaio antes da gran actuación...
E despois festa rachada!!!!
A nos o que gusta é o agarrado : )
E chegou o momento, subimos ao escenario e bailamos de maravilla, o tema escollido era Jingle Bell Rock
Feliz nadal familias!!!