viernes, 21 de marzo de 2014

PRIMAVERA, ONDE ANDAS?

 Onte comezou oficialmente a primavera, e como non podía ser doutro xeito, fomos ao seu encontro pero...


 O primeiro que fixemos foi mirar moi ben ao noso arredor a ver si notábamos algo diferente. Quedamos un pouco desilusionados porque non vimos flores!! pero si escoitamos os paxariños, e o sol quentábanos a cara. Decidimos ir en busca de vida, e nunha árboriña atopámola!!! Fixádevos ven, a ver si a atopades

  Ao final, e como somos expertos en cousas pequenas, atopamos algunha flor, unha xoaniña, formigas e uns mosquitos enormes...seguiremos observando e buscando os cambios, estarán ahí fóra?

No hay comentarios:

Publicar un comentario