miércoles, 12 de noviembre de 2014

ESTRELAS NA SOLAPA

Antes de nada debo pedir perdón por non explicar esta actividade antes, pero a verdade é que xurdiu un pouco de sopetón e como o primeiro son os peques, alá fomos de cabeza.
Este inicio de curso resultou ser un pouco máis movido do normal, e algúns  nenos da nosa clase empezaron a pelexarse case a diario. Despois de intentar doutros xeitos, como que pasasen o recreo sen xogar ou mandar notas a casa, decidimos optar por un sistema "simplificado" de economía de fichas.  Despois do recreo da mañá falamos sobre os conflictos que se deron no patio, e ofrecémoslle alternativas aos nenos/as que pelexaron, como por exemplo ir avisar a un profe, respirar profundo, xogar con outros nenos/as, aguantarse cando se perde...un montón de alternativas para evitar unha pelexa e manexar os sentimentos de enfado, frustación, rabia...
A todos os nenos/as que non pelexan e arranxan os conflictos falando dámoslle unha estrela. Os que pelexaron non poden levala pero animámolos moito para conseguila ao día seguinte.
Como é unha actividade moi visual e faciliña agradecería moito que na casa falásedes tamén con eles, tanto si levan estrelas como si non a levan, para que pouco a pouco vaian controlando e poñendo nome as súas emocións, e desenvolvan actitudes de respeto, compañerismo, empatía e coidado cara os compañeiros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario