martes, 27 de enero de 2015

ENTRAMOS NA PREHISTORIA!!

 Arrancamos novo proxecto!! desta vez chegounos dun xeito diferente, apareceu unha caixa misteriosa na biblioteca do cole que traia dentro obxectos e libros da prehistoria.






 Puxemos todo nunha mesa e xa comezaron a xurdir as primeiras ideas e hipótesis
Despois levámola para clase e para poder arrancar o proxecto coa conformidade de todos buscamos novas propostas de traballo e fixemos a votación, este foi o resultado:
OS CAVERNÍCOLAS 15
ANIMAIS QUE VIVEN BAIXO TERRA 3
O CORPO 3
Ese día non estábamos todos, pero deixamos pendientes eses temas para cando rematemos este proxecto.
Podedes coma sempre traer a clase todo o que poida ter relación co proxecto, telas estampadas simulando piel, ósos, contos, debuxos, peliculas...
Moitas gracias e... comeza unha nova aventura!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario