Esta semana, acordouse en todo o centro, adicarlle diariamente un momento da mañá á lectura individual. Nós aínda non leemos de xeito convencional pero sabemos que os contos están cheos de historias e axudámonos das imaxes para ir interpretando o que din as letras.
Esta actividade ten pouca duración, entre 5 e 10 minutiños, que somos os máis pequechos, pero gústanos moito, fainos sentir maiores e axúdanos a ir desenvolvendo o gusto polos contos e a lectura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario