martes, 16 de abril de 2013

RODRIGO E A LINGUAXE DE SIGNOS

O venres pasado tivemos unha visita moi especial; cando fixemos o proxecto das mans a mamá de Teo deunos o número da Asociación de sordos de Ourense, chamei, organizamos unhas charlas de difusión e sensibilización para todos os nenos do cole e o venres pasado, Rodrigo xunto coa súa intérprete Arancha, contounos coas súas mans un conto. Foi estupendo, unha actividade super enriquecedora e bonita para os peques e tamén para min por suposto!!

2 comentarios:

  1. Noa contounos a experiencia ó chegar á casa. Aprendeu algunha cousiña moi interesante, e agora nós tamén sabemos dar os bos días na linguaxe de signos!!
    Queremos maaaaaaaaaaaaáis!!

    Gracias Rodrigo, e gracias Paula!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Foi unha experiencia preciosa!!
      Noa tamén nos ensinou, a toda a clase,a decir algo novo en lingua de signos: papá e mamá, faino perfecto!
      Gracias a vos, as familias, por estar tan implicadas no noso día a día!
      Un saúdo

      Eliminar